PERTE Sector Agroalimentario

O pasado 8 de febreiro de 2022, o Consello de Ministros aprobou o Proxecto estratéxico para a recuperación e transformación económica (PERTE) do sector agroalimentario para dotar do financiamento e das liñas de actuación necesarias para emprender os cambios ambiental, dixitais, sociais e económicos aos que terá que facer fronte na próxima década.

O PERTE, que conta con medidas xestionadas polos ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación; de Industria e Turismo; de Asuntos Económicos e Transformación Dixital; así como do de Ciencia e Innovación, vai dirixido a propiciar a transformación da cadea agroalimentaria e impulsar a modernización e dixitalización do sector, o seu crecemento económico e a cohesión territorial.

Este PERTE contará cun investimento público duns 1.000 millóns de euros ata 2023. Prevese que xere un impacto de partida na economía duns 3.000 millóns de euros, estimándose ademais unha creación neta de ata 16.000 empregos. A esta cantidade será necesario engadir os efectos positivos sobre o conxunto da economía derivados da creación de novos modelos e oportunidades de negocio, as novas oportunidades laborais xeradas polas actuacións ligadas ao PERTE, así como os aforros xerados no tecido produtivo, as economías domésticas e os orzamentos públicos.