Noticias do Ministerio do 2022

Buscar por

Todas as notas de prensa

  • Turismo | 18/03/2024

    O número de pasaxeiros aéreos internacionais aumenta en febreiro un 18,1 % e supéranse xa os 6 millóns

    Entre xaneiro e febreiro, España recibiu 12,3 millóns de pasaxeiros internacionais, rexistrando un notable incremento do 15,5 % respecto aos dous primeiros meses de 2023. Salientan este mes de febreiro os notorios crecementos de Polonia (84,8 %), Irlanda (27,3 %), Suíza (24,2 %) e Italia (21,4 %). Hereu: “Todo o que sexa crecer en cifras absolutas é unha boa noticia, á que debemos sumar outras variables como a calidade dos nosos destinos, cada vez máis apreciados e que nos sitúa á cabeza das preferencias dos turistas internacionais”.

  • O Ministerio | 15/03/2024

    Industria ampliará as axudas do PERTE VEC III ata os 500 millóns de euros, 200 millóns máis do previsto

    Jordi Hereu ofrece colaboración ás CC.AA. e concellos para avanzar na reindustrialización e a transformación do turismo de España. Dos case 4.500 millóns de euros en subvencións da primeira parte do Plan de Recuperación en industria e turismo, o 56 % xa se transferiu ás CC.AA. e entidades locais. O ministro anuncia a transformación de SEPIDES en Entidade Empresarial Estatal para xestionar as novas convocatorias dos PERTE da Addenda en 2024. Para o Goberno, o modelo de futuro do turismo en España pasa por máis calidade, desestacionalización, diversificación e emprego cualificado no sector turístico. Hereu expresou a súa vontade de completar a Estratexia de Turismo Sustentable 2030, un documento que se debaterá no Consello Español de Turismo.

  • Turismo | 15/03/2024

    O emprego turístico aumenta en febreiro un 4,9 % respecto ao mesmo mes de 2023

    Os afiliados á Seguridade Social do sector turístico sitúanse preto dos 2,6 millóns e supuxeron o 12,5 % do total de afiliados na economía nacional. Os traballadores asalariados no sector turístico aumentan un 5,8 % este mes de febreiro con respecto a hai un ano, e os autónomos un 1,2 %. Baleares é a comunidade autónoma que maior incremento interanual experimenta en termos relativos: un 9,5 % máis.

  • Industria | 12/03/2024

    Hereu lembra o compromiso firme do Goberno de impulsar a transformación do sector da automoción

    Empresas radicadas no País Vasco como Mercedes Benz, Irízar, Sapa, Fagor ou Basquevolt, recibiron máis de 291 millóns de euros do PERTE VEC nas súas diferentes convocatorias. O ministro convidou a Michelín a que presente proxectos nas próximas convocatorias do PERTE VEC e do PERTE de descarbonización.

  • Industria | 07/03/2024

    Jordi Hereu lembra en Europa o firme compromiso de España contra a morosidade empresarial que lastra as pemes

    O Ministerio de Industria e Turismo creará un Observatorio Estatal de Morosidade Privada onde se publicarán anualmente as empresas que incumpran os prazos de pagamento aos seus provedores. Para o Goberno español, é necesario que na redución do prazo de pagamento a 30 días se teñan en conta as particularidades de cada sector para non producir efectos non desexados. A morosidade reduce a competitividade das empresas, xa que aumenta os custos de financiamento e fai que perdan oportunidades empresariais ou de investimento atractivas.

  • Turismo | 06/03/2024

    A secretaria de Estado de Turismo reúnese coas empresas españolas que participan na Travel Tech Solutions da ITB de Berlín

    As empresas asistentes ofrecen solucións vinculadas coa xestión de reservas, canle de vendas, xestión hoteleira, plataformas multimedia ou planeadores de viaxes

  • Industria | 06/03/2024

    A OEPM convoca os Premios ás Mellores Invencións Protexidas mediante Dereitos de Propiedade Industrial

    Por terceiro ano consecutivo estes premios distinguirán as mellores patentes e modelos de utilidade concedidos no 2022. A convocatoria estará aberta ata o 5 de abril de 2024 e poderanse presentar solicitudes ás súas seis categorías, que inclúen recoñecementos a mulleres inventoras e mozos inventores. Os premios teñen unha contía económica de 4.000 euros para as patentes e 2.500 euros para os modelos de utilidade.

  • Turismo | 04/03/2024

    O gasto dos turistas internacionais en España crece en xaneiro un 25,5 % respecto ao mesmo mes de 2023

    A chegada de turistas a España acada os 4,8 millóns en xaneiro, un 15,3 % máis que no mesmo mes do ano pasado, e o gasto ascende a 6.550 millóns de euros ao comezo de ano. Cada turista gastou unha media de 1.374 euros en xaneiro, un 8,9 % máis que en 2023, e o gasto por día tamén reflicte este crecemento, acadando os 158 euros, un aumento do 6 %. Jordi Hereu: “O crecemento ininterrompido do número de turistas, e sobre todo do gasto, debe servirnos como estímulo para seguir axudando o sector con políticas que melloren os índices de sustentabilidade social, económica e ambiental”.

  • Industria | 29/02/2024

    Jordi Hereu anuncia a pronta resolución de 125 M€ en axudas do PERTE Chip de microelectrónica e adianta que haberá unha segunda convocatoria dotada con 200 M€

    O ministro de Industria e Turismo defendeu o uso da Intelixencia Artificial na industria e o turismo para ser máis sustentables e competitivos. Destacou o papel de ENISA para a certificación de startups. Ata o momento, esta entidade dependente do Ministerio de Industria e Turismo certificou 849 empresas. En canto ao turismo, o ministro lembrou que o seu departamento investiu máis de 300 millóns de euros na dixitalización deste sector.

  • Turismo | 29/02/2024

    A Secretaría de Estado de Turismo lanza un sistema de intelixencia personalizado para os destinos da RedDTI

    Este Sistema de Intelixencia Turística para destinos (SIT Destino) é o primeiro módulo da Plataforma Intelixente de Destinos (PID) O STI Destino estrutura os datos en seis categorías, que van dende a economía ao transporte pasando pola sustentabilidade ou o coñecemento turístico

  • Turismo | 28/02/2024

    Os asentos previstos en voos internacionais para marzo acadan os 8,5 millóns, un 13,6 % máis que hai un ano

    Comparando as previsións de número de asentos en marzo cos datos rexistrados a data equivalente de 2023, prosegue o bo comportamento dos principais mercados emisores: Reino Unido (+7,2 %), Alemaña (+17,3 %) e Italia (+21,6 %). Hereu: “Estes datos confirman o bo arranque do ano para o sector turístico, na liña da previsión de chegadas e gasto que augura unha importante mellora neste primeiro cuadrimestre respecto das xa de por si históricas cifras de 2023”.

  • Industria | 22/02/2024

    Industria concede os primeiros 10 proxectos tractores da liña B do PERTE VEC II dotados con preto de 170 M€

    O dez proxectos concedidos provisionalmente nesta primeira resolución son os de JEMA ENERGY, BASQUEVOLT, IRIZAR, NISSAN, MERCEDES-BENZ, MASATS, MUGAPE, EDSCHA BURGOS e AUTOTECH. Nas vindeiras semanas continuaranse avaliando o resto de solicitudes presentadas nesta convocatoria do PERTE VEC II B ata esgotar a dotación prevista. Jordi Hereu: “Estamos nun proceso importante de transformación da industria do automóbil en España. Somos o segundo produtor en Europa e queremos seguir liderando esta industria coa automoción eléctrica”.

  • Turismo | 22/02/2024

    Hereu: "A nova sede de ONU TURISMO é un exemplo da aposta de España por liderar a transformación do turismo"

    O edificio de ONU TURISMO, que ocupará un espazo contiguo ao Palacio de Congresos e estará rematado no primeiro semestre de 2025, será unha sede funcional, cunha excelente localización xunto ao centro financeiro e ao Santiago Bernabéu Hereu salienta a dimensión global de España como destino turístico e o auxe dos mercados de longo radio, que nos sitúan á cabeza das preferencias de países como EEUU, que se caracterizan por estadías prolongadas e maior gasto O ministro de Industria e Turismo visita as obras acompañado pola Secretaria de Estado de Turismo, Rosana Morillo, o Director Xeral de Turespaña, Miguel Sanz, e o Secretario Xeral de ONU TURISMO, Zurab Pololikashvili

  • Turismo | 20/02/2024

    A Secretaria de Estado Rosana Morillo participa na reunión informal de ministros de Turismo da Unión Europea

    Rosana Morillo propón un orzamento comunitario específico para política turística, así como a creación da Axencia Europea do Turismo e do Observatorio Europeo de Turismo Sustentable A Secretaria de Estado mostrou o seu desexo de que esta reunión sexa “unha oportunidade para continuar traballando para un turismo máis sustentable e competitivo para todos os Estados Membros”

  • Turismo | 19/02/2024

    Jordi Hereu salienta o papel da hostalaría e a restauración no futuro dun turismo máis sustentable e dixital

    O Ministerio de Industria e Turismo considera a gastronomía unha prioridade estratéxica, non só polo seu enorme valor como atractivo turístico, senón tamén pola súa capacidade para loitar contra o despoboamento do territorio. Hereu repasou as diferentes liñas de axudas postas en marcha polo Ministerio para apoiar o sector, como o Plan Nacional de Turismo Enogastronómico 2022-2023, dotado con 51,4 millóns de euros; os Plans de Sustentabilidade Turística en Destino, que mobilizou 1.800 millóns de euros; ou o plan de formación en competencias dixitais para os traballadores do sector, que repartiu 54 millóns de euros.

  • Industria | 16/02/2024

    Industria concedeu máis de 110 millóns de euros en axudas dos PERTE ao sector industrial en Navarra

    O ministro Jordi Hereu expresa a vontade do Goberno de seguir apoiando o sector industrial de Navarra a través dos PERTE e outras liñas de axuda As empresas navarras de automoción recibiron 85,2 millóns dos PERTE VEC, mentres que as axudas do PERTE agroalimentario suman 16,8 millóns e as do Naval 8,4 millóns

  • Industria | 16/02/2024

    Industria e UNESID comparten a súa aposta por unha siderurxia descarbonizada e sustentable

    Jordi Hereu ofreceu a colaboración do Goberno co sector para avanzar no proceso de transformación da industria siderúrxica, estratéxica para a reindustrialización de España. España conta con 22 plantas que producen máis de 14 millóns e medio de toneladas de aceiro e recicla máis de 10 millóns de toneladas de chatarra ao ano.

  • Turismo | 16/02/2024

    O emprego turístico aumenta en xaneiro un 4,8 % respecto ao mesmo mes de 2023

    Os afiliados á Seguridade Social do sector turístico superaron os 2,5 millóns e supuxeron o 12,3 % do total de afiliados na economía nacional Os traballadores asalariados no sector turístico aumentan un 5,7 % este mes de xaneiro con respecto a hai un ano

  • Industria | 14/02/2024

    Jordi Hereu considera que Barcelona está ben situada para ser unha das referencias da nova industria en España

    O ministro de Industria e Turismo recoñeceu a importancia de ter centros como este para o desenvolvemento desta nova industria e para acadar un dos nosos obxectivos prioritarios do Goberno que é o da reindustrialización

  • Industria | 09/02/2024

    O Goberno executou en Galicia 1.700 M€ en política industrial no últimos cinco anos

    O ministro de Industria e Turismo convida os empresarios a ir da man co Goberno no proceso de transformación da industria galega. Dos PERTE convocados por Industria, Galicia obtivo 108 millóns de euros, que chegaron a 212 empresas galegas en 89 proxectos.

  • Turismo | 08/02/2024

    Os traballadores ocupados no sector turístico soben un 2,3 % respecto a hai un ano e superan os 2,6 millóns

    Os asalariados no sector turístico con contrato indefinido (83,5 %) aumentaron un 6,2 %, a décima subida consecutiva. A taxa de temporalidade no sector foi do 16,5 %, unha cifra inferior á do mesmo período do ano anterior, que foi do 18,6 %. A taxa de paro no sector situouse neste cuarto trimestre de 2023 en 11,3 %, un 0,2 % menos que o mesmo trimestre do ano 2022. Os ocupados vinculados a actividades relacionadas co turismo representan o 12,6 % do emprego total da economía española. Jordi Hereu: “A industria turística non só crece a nivel cuantitativo, faino tamén cualitativamente, con mellores empregos vinculados ao sector, menor taxa de temporalidade e maior número de empregados asalariados con contrato indefinido”.

  • Industria | 05/02/2024

    Jordi Hereu anuncia que xa se presentaron máis de 100 solicitudes á primeira convocatoria do PERTE de descarbonización

    O ministro fixo un chamamento para aproveitar a oportunidade de avanzar na industria cero emisións netas e que Europa e España lideren esta gran transformación. Hereu destacou que o Regulamento para favorecer as cero emisións netas incorpora incentivos para mellorar a competitividade industrial de Europa e ofrece máis seguridade aos investimentos en tecnoloxías limpas.

     


  • Industria | 05/02/2024

    Hereu trasládalle a CECOT a vontade do Goberno de intensificar o diálogo para afrontar o desafío da reindustralización

    O ministro visitou hoxe a sede de CECOT en Catalunya, onde puxo en valor o papel fundamental da industria para o Goberno e anunciou unha axenda de traballo conxunto para afrontar os retos industriais dos próximos anos. Hereu referiuse á emerxencia climática pola seca que afecta a Catalunya: “É o momento de sumar esforzos e apelar á responsabilidade de todos para establecer estratexias a medio prazo que neutralicen posibles crises futuras”. O ministro Hereu reivindicou a futura Lei de Industria que prepara o Goberno como unha ferramenta que proporcionará mellores instrumentos para solucionar crises industriais.

  • Industria | 02/02/2024

    Jordi Hereu ofrece a súa colaboración ao conseller Roger Torrent para apoiar a transformación e ampliación do tecido industrial en Cataluña

    O ministro de Industria e Turismo trasladoulle ao conseller o seu interese en manter a colaboración co fin de que a industria catalá siga sendo motor económico no conxunto de España. Na reunión repasáronse os diferentes programas de axudas e financiamento para a industria e o turismo, como son os PERTE. O ministro trasladoulle ao conseller as cifras do peche final do turismo do 2023, cun gasto turístico que superou os 20.800 millóns de euros no conxunto de Cataluña.

  • Turismo | 02/02/2024

    A chegada de turistas internacionais a España en 2023 supera as previsións e acada por primeira vez os 85 millóns

    O gasto turístico o ano pasado situouse un 24,7 % por encima do de 2022 e un 18,2 % respecto ao do ano prepandemia de 2019. O gasto total en 2023 ascendeu a 108.662 millóns de euros. A chegada de turistas internacionais en 2023 creceu ata os 85.056.528, un 18,7 % máis que en 2022 e un 1,9 % por encima de 2019, ano récord e ata o de agora referencia prepandemia. Á cabeza dos países con maior crecemento en 2023 atópase EEUU, cuxos nacionais que visitan España aumentaron un 38,7 % respecto a 2022 e un 16,9 % sobre 2019. Jordi Hereu: “Os datos de peche oficiais de 2023 melloran mesmo a proxección que anunciamos en FITUR hai uns días: a chegada de turistas e o gasto en destino están en máximos, un punto de partida extraordinario para seguir traballando e mellorando a calidade da nosa industria turística en 2024”.

  • Industria | 31/01/2024

    Jordi Hereu sitúa a industria de defensa como elemento vital para a seguridade e a reindustrialización de España

    A industria de defensa incrementou a súa facturación un 4,6 % en 2022 e xerou máis de 200.000 empregos de alta cualificación técnica. Unha industria que investiu máis do 12 % da súa facturación a I+D e que exportou o 50 % dos seus produtos e servizos. Dende o Goberno achegáronse nas últimas décadas máis de 19.190 millóns de euros para o financiamento dos principais programas de modernización da industria da defensa, como fragatas, submarinos, blindados.

  • Turismo | 31/01/2024

    Os asentos previstos en voos internacionais para febreiro acadan 7,2 millóns, un 16,4 % máis que hai un ano

    Comparando as previsións de número de asentos en febreiro cos datos rexistrados a data equivalente de 2023, prosegue o bo comportamento dos principais mercados emisores: Reino Unido (+12,4 %), Alemaña (+14,8 %) e Italia (+22,7 %). Jordi Hereu: “Trátase dunha previsión excelente, na liña dun comezo de ano que, segundo as nosas proxeccións, seguirá marcando récord tanto de chegadas coma sobre todo de gasto, o que incide na mellora da calidade dos nosos destinos”.

  • O Ministerio | 29/01/2024

    Jordi Hereu ofrece un gran pacto pola reindustrialización de España e o fomento dun turismo máis sostible

    Haberá un PERTE VEC III, dotado con 300 M€, e un PERTE VEC IV, con 1.250 M€. Hereu avanza que este ano se aumentarán ata os 300 millóns de euros as axudas para compensacións por emisións de CO2 ás industrias electrointensivas. O ministro anuncia a transformación de ENISA en entidade pública empresarial para convertela na gran axencia da política industrial española. Jordi Hereu avanza que a Lei de Industria está a tramitarse e que proporcionará novos instrumentos de política industrial, como os Proxectos de Interese Estratéxico Estatal, o portelo único dixital ou un Consello Estatal de Política Industrial. Para o Goberno, o modelo de futuro do turismo en España pasa por máis calidade, desestacionalización, diversificación e emprego cualificado no sector turístico. O obxectivo de Turespaña para este ano é incrementar a notoriedade da marca turística España naqueles mercados emisores con maior capacidade de gasto.

  • Industria | 26/01/2024

    Jordi Hereu analiza co Presidente de Renault os seus proxectos industriais en España

    Hereu trasladou o seu apoio aos proxectos industriais do Renault Group en España e sinalou o compromiso do Goberno coa transición industrial ao coche electrificado e co fortalecemento da industria do automóbil no noso país. O Ministerio de Industria e Turismo puxo ao dispor do sector da automoción todos os instrumentos de financiamento ao seu alcance, en especial o PERTE VEC III, que está previsto que se convoque no primeiro trimestre deste ano.

  • Turismo | 26/01/2024

    O ministro Jordi Hereu reforza os lazos turísticos con América Latina en FITUR 2024

    Hereu puxo valor estes encontros para intercambiar experiencias e políticas turísticas con mercados á alza e que son un nicho de crecemento fundamental nos vindeiros anos. Jordi Hereu: “España é un socio preferente dos países irmáns do outro lado do Atlántico, un modelo para seguir en modernización e políticas destinadas a transformar o turismo”. Ao longo dos tres días de feira, o ministerio mantivo máis de 20 encontros bilaterais con países en FITUR 2024.

  • Industria | 24/01/2024

    Industria abre hoxe o portelo para solicitar axudas da liña 1 do PERTE de descarbonización industrial

    Jordi Hereu: “Este programa reflicte o compromiso significativo do Goberno cara a un futuro industrial máis verde e resiliente, destacando a importancia da descarbonización como elemento central na axenda económica e ambiental de España”. A primeira convocatoria da liña 1 deste PERTE está dotada con 500 millóns de euros en préstamos e outros 500 millóns en subvencións.

  • Turismo | 23/01/2024

    Hereu sinala que a aposta pola calidade debe ser o obxectivo da industria turística

    O ministro de Industria e Turismo felicitou o sector turístico pola súa “capacidade de resiliencia e por cumprir todas as expectativas de recuperación trala pandemia e a guerra”. Hereu lanzou unha dobre mensaxe de optimismo para 2024 e de ambición respecto ao futuro: “Non debemos conformarnos, temos moitos retos por diante ata acadar a sustentabilidade social, económica e ambiental.” O XII Foro de Liderado Turístico, organizado por Exceltur ás portas de FITUR, virou este ano ao redor da promoción dun turismo máis responsable, social e ambientalmente.

  • Turismo | 22/01/2024

    Hereu reúnese con Ryanair e Jet2 para analizar o reforzo da conectividade e os seus plans de investimento e sustentabilidade

    Hereu: “Reforzar a conectividade con España é clave para impulsar a transformación do sector e a diversificación dos destinos”. Ryanair expón ao ministro o plan de investimentos da aeroliña en España por 5.000 millóns de euros. O gasto dos turistas internacionais crecerá un 18,5 %, respecto ao mesmo período de 2023, segundo as previsións de Turespaña.

  • Turismo | 22/01/2024

    Jordi Hereu convida a seguir construíndo un modelo turístico cada vez máis sostible e competitivo

    Hereu asegura que o turismo debe ser un motor de transformación social que xere riqueza e emprego cualificado. O ministro puxo en valor “a resiliencia da industria turística” e sinalou a necesidade de “identificar os desafíos” para “seguir sendo un dos líderes” do sector. Hereu destacou a contribución do Goberno para transformar o sector, que soubo sobrepoñerse ás sucesivas crises “con solvencia”.

  • Turismo | 19/01/2024

    O ministro Jordi Hereu confirma un 2023 de récord para o turismo: máis de 84 millóns de turistas internacionais e 108 mil millóns de euros de gasto

    A proxección das cifras ao peche de 2023, supoñen que España supera nun 1 % as visitas do ano de referencia prepandemia de 2019, e nun 17,4 % o gasto turístico daquel mesmo ano. Sobre 2022 increméntase nun 19 % o número de visitantes, e un 23,8 % de subida do gasto turístico. O primeiro cuadrimestre de 2024 baterá rexistros de chegada de turistas e gasto tras un ano récord no que se confirmou o cambio de modelo turístico en España. Turespaña prevé un 10,8 % máis de visitantes internacionais e un 18,5 % máis de gasto no primeiro cuadrimestre deste ano. O ministro valora o “extraordinario comportamento de todo o sector turístico, que xerou emprego de calidade e ampliou a oferta de destinos cada vez máis sostibles, territorializados e atractivos para os visitantes ao longo de todo o ano”. En FITUR 2024 apostarase por reforzar o liderado da industria turística española e a promoción de mercados afastados.

  • Industria | 18/01/2024

    Jordi Hereu salienta a oportunidade que supón o PERTE de descarbonización para avanzar cara a unha industria máis verde

    O ministro de Industria e Turismo presentou a primeira convocatoria da liña 1 do PERTE de Descarbonización Industrial, dotada con 1.000 M€, co obxectivo de seguir traballando por unha industria española sostible. O PERTE prevé no seu conxunto un investimento público de 3.170 millóns de euros, un investimento total de ata 11.800 millóns e a creación duns 8.000 postos de traballo de calidade.

  • Turismo | 18/01/2024

    España recibe 95 millóns de pasaxeiros aéreos internacionais en 2023 e supera a cifra récord de chegadas do ano 2019

    España acada en decembro 6,7 millóns de pasaxeiros aéreos internacionais, un 16 % máis que en decembro do ano 2022. Todos os mercados amosan unha tendencia alcista e salientan os crecementos (+20 %) de Italia, Estados Unidos e Polonia. Esta estatística contempla o número total de pasaxeiros aéreos internacionais recibidos en España, sexan ou non turistas, e en ningún caso hai que confundila con Frontur/Egatur.

  • Turismo | 18/01/2024

    O emprego turístico subiu un 5,4 % no mes de decembro e 2023 acaba co maior número de afiliados da serie histórica

    Os afiliados do sector turístico superaron os 2,5 millóns e supuxeron o 12,5 % do total de afiliados da economía Os traballadores asalariados no sector turístico aumentan un 6,4 % este decembro e os autónomos un 1,1 % Respecto ás rexións, Canarias, Andalucía e a Rioxa son as comunidades autónomas que máis creceron nese mes Jordi Hereu: “En España baixou a temporalidade e aumentaron os salarios, e iso demostra que en turismo, coma noutros moitos sectores, está a darse ese círculo virtuoso polo que estamos a xerar prosperidade económica á vez que ampliamos dereitos laborais”.

  • Industria | 17/01/2024

    Jordi Hereu salienta a achega do PERTE Agroalimentario á transformación do sector

    O Ministro de Industria e Turismo salientou o valor estratéxico do sector da alimentación e bebidas na economía española e subliñou a súa achega ao crecemento e o emprego. O Ministerio de Industria e Turismo xestiona o eixo 1 do PERTE Agroalimentario, que “contribuirá á modernización, sustentabilidade e dixitalización do sector"

  • Industria | 17/01/2024

    Jordi Hereu traslada a PIMEC o seu interese en seguir apoiando a transformación das pemes

    O ministro trata coa patronal da pequena e mediana empresa de Cataluña a vixilancia dos períodos de pagamento a través do Observatorio Estatal da Morosidade, proxecto que se atopa en fase de información pública. A patronal catalá da pequena e mediana empresa ofreceu a súa colaboración ao Ministerio para traballar conxuntamente na mellora da produtividade das pemes, na innovación e a dixitalización.

  • Industria | 16/01/2024

    Jordi Hereu comparte con FACONAUTO a aposta do Goberno para seguir avanzando cara a unha mobilidade conectada e sostible

    O Ministro de Industria e Turismo destacou a electrificación como medida eficaz para contribuír á descarbonización do sector Hereu puxo en valor o peche da distribución de automóbiles de 2023, cun 16 % máis de matriculacións có ano anterior, e apostou por seguir impulsando as estratexias para facilitar o acceso ao vehículo eléctrico, como o Plan Moves, prorrogado recentemente ata o 31 de xullo de 2024

  • Industria | 16/01/2024

    Jordi Hereu comparte con FACONAUTO la apuesta del Gobierno para seguir avanzando hacia una movilidad conectada y sostenible

    • El Ministro de Industria y Turismo ha destacado la electrificación como medida eficaz para contribuir a la descarbonización del sector
    • Hereu ha puesto en valor el cierre de la distribución de automóviles de 2023, con un 16% más de matriculaciones que el año anterior, y ha apostado por seguir impulsando las estrategias para facilitar el acceso al vehículo eléctrico, como el Plan Moves, prorrogado recientemente hasta el 31 de julio de 2024

  • Industria | 16/01/2024

    Jordi Hereu traslada a CEPYME el compromiso del Gobierno con la pequeña y mediana empresa

    El ministro ha situado a las pymes como centro y motor de la economía española. En la reunión se ha abordado la futura creación del Observatorio Estatal de la Morosidad Privada, cuyo proyecto se encuentra en estos momentos en fase de información pública. Hereu ha puesto en valor el esfuerzo hecho por el Gobierno para que las pymes participaran en los diferentes PERTE que ha lanzado el Ministerio de Industria y Turismo.

     

  • Industria | 12/01/2024

    Industria adxudica 27,7 M€ a 11 proxectos relacionados con vehículos híbridos, eléctricos de batería e de pila de combustible de hidróxeno

    Do total de proxectos, 8 corresponden a desenvolvementos experimentais e 3 a actuacións de investigación industrial. Jordi Hereu: “Esta liña é o complemento perfecto ao PERTE VEC e a mostra de que o Goberno volve cumprir cos seus compromisos dando saída a unha das grandes reivindicacións do sector da automoción”

  • Turismo | 12/01/2024

    O ministro Jordi Hereu e o Secretario Xeral da OMT, Zurab Pololikashvili, manteñen un primeiro encontro en Madrid

    Ámbolos dirixentes constataron a plena recuperación da industria do turismo e os bos prognósticos para 2024. O ministro destaca a posición de liderado de España no turismo mundial e comparte as liñas de traballo para avanzar na sustentabilidade, dixitalización e competitividade do sector.  

  • Turismo | 11/01/2024

    Jordi Hereu e Exceltur coinciden en potenciar a colaboración público-privada para seguir transformando a industria do turismo

    Hereu agradece “a boa disposición ao diálogo e a constante colaboración” do sector empresarial turístico español, ao que define como un “actor indispensable” para implantar cambios en ámbitos como a sustentabilidade social e a dixitalización. Dende Exceltur inciden na necesidade de seguir apoiando o sector a través dos fondos europeos e o Plan de Recuperación

  • Industria | 11/01/2024

    O Ministerio de Industria e a Alianza comprométense a seguir traballando para reforzar a competitividade e o desenvolvemento da industria española

    Hereu destacou a aposta do Goberno pola reindustrialización e polo fortalecemento da industria española. A Alianza trasladou unha serie de propostas para mellorar a competitividade en ámbitos como o enerxético, a autonomía estratéxica e a neutralidade climática, entre outros.

  • Industria | 10/01/2024

    Jordi Hereu salienta a importancia do sector da industria de compoñentes para a competitividade da automoción

    O encontro enmárcase dentro da rolda de contactos con organizacións empresariais e sindicais da industria española. Hereu trasladoulle a Francisco J. Riberas a vontade do Goberno de lanzar a nova convocatoria do PERTE VEC durante este primeiro trimestre de 2024 para seguir atraendo proxectos de produción de baterías e de cadea de valor do vehículo eléctrico.

  • Industria | 10/01/2024

    Jordi Hereu salienta que España é unha das economías máis dinámicas e atractivas para o investimento estranxeiro

    Hereu salientou que o investimento estranxeiro en España acadou os 21.000 millóns de euros nos 9 primeiros meses de 2023, un 7 % máis que a media do período 2018-2022. O ministro de Industria asegura que o Goberno mantén un firme compromiso coa reindustrialización, a modernización e as reformas estruturais na economía española. O foro empresarial reúne, durante hoxe e mañá en Madrid, os principais investidores internacionais, cos directivos de máis de 40 compañías cotizadas e as administracións públicas.

  • Turismo | 09/01/2024

    Jordi Hereu comparte coa CEOE a súa vontade de seguir impulsando a transformación do sector turístico

    O ministro valorou a plena recuperación do sector trala pandemia, os datos récord deste 2023 e as “boas perspectivas” para o ano 2024. Os representantes da CEOE solicitaron ao Ministerio de Industria e Turismo acelerar a transformación do sector do turismo para encarar o dobre desafío verde e dixital. Hereu compartiu cos representantes da CEOE as liñas de axuda postas en marcha dende o Ministerio de Industria e Turismo para avanzar na sustentabilidade, a dixitalización e a competitividade do sector a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), que ten unha dotación total de 3.400 millóns de euros

  • Turismo | 05/01/2024

    O Ministerio de Industria e Turismo financiará con 96 millóns de euros a dixitalización dos destinos turísticos

    O diñeiro destinarase ao despregamento de plataformas intelixentes que contribúan á transformación dixital do sector turístico. O obxectivo é mellorar a xestión do destino, a relación co turista e a sustentabilidade con base en solucións innovadoras. Do total das axudas, destinaranse 38 millóns de euros a deputacións, cabidos e consellos insulares e 58 millóns de euros ao resto de entidades locais

  • Turismo | 04/01/2024

    O Ministerio de Industria e Turismo destina 104 millóns de euros para dixitalizar empresas do sector turístico

    Trátase da segunda convocatoria de axudas para o desenvolvemento e implantación de proxectos tecnolóxicos innovadores. Como novidade respecto da convocatoria de 2021, esta facilita o acceso das pemes ao financiamento, permitindo que sexan máis as empresas que se beneficien das axudas. Á convocatoria poderán concorrer, ademais das agrupacións de empresas, as asociacións sen ánimo de lucro, federacións e confederacións do sector turístico.

  • Turismo | 03/01/2024

    A chegada de turistas a España supera en novembro os 5 millóns, un 18,6 % máis que no mesmo mes de 2022

    O gasto turístico sitúase un 23,6 % por encima do de hai un ano e un 31,4 % respecto de novembro de 2019. No acumulado ata novembro, o gasto pasa os 100.000 millóns de euros. Durante os once primeiros meses de 2023, a chegada de turistas sitúase un 0,8 % por encima das cifras prepandemia e un 18,2 % por encima do acumulado de 2022: 79,8 millóns. Jordi Hereu: “A chegada de turistas e o gasto en destino aceleráronse nos últimos meses, o que repercute de forma positiva na economía, tanto no PIB coma no emprego”.

  • Turismo | 03/01/2024

    La llegada de turistas a España supera en noviembre los 5 millones, un 18,6% más que en el mismo mes de 2022

    El gasto turístico se sitúa un 23,6% por encima del de hace un año y un 31,4% respecto a noviembre de 2019. En el acumulado hasta noviembre, el gasto rebasa los 100.000 millones de euros. Durante los once primeros meses de 2023, la llegada de turistas se sitúa un 0,8% por encima de las cifras prepandemia y un 18,2% por encima del acumulado de 2022: 79,8 millones. Jordi Hereu: “La llegada de turistas y el gasto en destino se han acelerado en los últimos meses, lo que repercute de forma positiva en la economía, tanto en el PIB como en el empleo”.

  • Turismo | 29/12/2023

    Ministerio e comunidades acordan a repartición de 183 M€ en axudas para sustentabilidade social, eficiencia enerxética e dixitalización do sector turístico

    Jordi Hereu destacou “a importancia dos acordos adoptados e o clima de colaboración coas comunidades autónomas para seguir fortalecendo o sector turístico”. Aprobouse a repartición de 119 M€ para financiar proxectos de eficiencia enerxética de empresas turísticas, 54 millóns para competencias dixitais e 10 millóns para sustentabilidade social.

  • Turismo | 29/12/2023

    Os asentos previstos en voos internacionais para o mes de xaneiro acadan 7,4 millóns, un 13 % máis que hai un ano

    Comparando as previsións de número de asentos en xaneiro de 2024 cos datos rexistrados a data equivalente de 2023, prosegue o bo comportamento dos principais mercados emisores, Reino Unido (+5,9 %), Alemaña (+12,2 %), e Italia (+20,7 %). Jordi Hereu: “Esta previsión confirma a fortaleza do turismo en España, con datos que auguran un ano 2024 excelente, do mesmo xeito que foi este 2023, onde xa superamos cifras pre-pandemia”.

  • Industria | 28/12/2023

    Industria publica a primeira convocatoria do PERTE de Descarbonización Industrial

    A convocatoria está dotada con 1.000 millóns de euros e supón un importante impulso á descarbonización da industria manufactureira española. Jordi Hereu: “O Goberno cumpre o compromiso de apoiar a industria na súa transición cara a modelos e procesos máis respectuosos co ambiente e contribuír ao obxectivo de neutralidade climática en 2050”.

  • Industria | 22/12/2023

    Industria publica a resolución definitiva do PERTE Naval que repartirá case 81 M€ entre máis de 107 empresas

    O obxectivo do PERTE Naval é modernizar o sector e incrementar a súa competitividade. Jordi Hereu: “Coas axudas deste PERTE pretendemos mellorar a calidade do emprego e aumentar a competitividade deste sector. Apostamos por calidade, cualificación e dixitalización para acadar altas cotas de modernización na construción de buques”.

  • Industria | 22/12/2023

    Jordi Hereu trasládalle a CEOE o compromiso do Goberno co sector industrial

    O ministro defendeu a reindustrialización como o grande obxectivo desta etapa para impulsar a capacidade produtiva do país e avanzar na autonomía estratéxica. Os representantes de CEOE trasladáronlle ao Ministro a súa vontade de colaboración e ofrecéronse a traballar conxuntamente a través da Comisión de Industria e Transición Ecolóxica da CEOE.

  • Industria | 19/12/2023

    Jordi Hereu traslada á secretaria xeral de CCOO-Industria a súa aposta pola reindustrialización de España

    O ministro destacou o compromiso do Goberno para preparar o país para un futuro industrial máis innovador, sustentable e competitivo.

  • Industria | 19/12/2023

    Jordi Hereu traslada a Stellantis o apoio de Industria aos seus proxectos industriais en España, que inclúe o Proxecto Antares en Figueruelas

    Hereu sinalou que o Proxecto Antares (Figueruelas) é estratéxico para seguir avanzando cara ao obxectivo da industrialización e para converter a España nun hub de mobilidade sostible. Ata o momento, Stellantis xa recibiu máis de 59 millóns de euros do PERTE VEC II para desenvolver o proxecto Antares en Figueruelas.

  • Industria | 19/12/2023

    Industria adxudica de maneira definitiva 183,6 M€ a 292 proxectos de 233 empresas para o fortalecemento industrial do sector agroalimentario

    O obxectivo do PERTE é potenciar a modernización, sustentabilidade e transformación dixital do sector agro. Cataluña, Comunidade Valenciana e Galicia son as comunidades autónomas que máis axudas reciben. Jordi Hereu: “Para mellorar a competitividade e sustentabilidade da industria agroalimentaria fai falta investir en innovación, tanto en novos alimentos e procesos, coma na mellora da seguridade alimentaria, e este PERTE axudará a conseguilo”.

  • Industria | 18/12/2023

    Jordi Hereu comprométese co secretario xeral de UXT-FICA a seguir traballando xuntos pola estabilidade no emprego do sector industrial

    O encontro enmárcase na rolda de contactos con organizacións empresariais e sindicais da industria española que Hereu iniciou a semana pasada con ANFAC. O número de afiliados do sector industrial ata outubro situouse en 2.369.064 persoas. Esta cifra é un 1,8% superior á dun ano antes.

     

  • Turismo | 18/12/2023

    España recibe 88,4 millóns de pasaxeiros internacionais ata novembro, un 18,2% máis respecto ao mesmo período de 2022

    España acada en novembro unha cifra de 6,2 millóns de pasaxeiros aéreos internacionais, un 15,8% máis que en novembro do ano 2022. Todos os mercados amosan unha tendencia alcista e salientan os crecementos (+20%) de Italia e Estados Unidos. Jordi Hereu: "O incremento da chegada de viaxeiros fóra do que se consideraba tempada alta é unha gran noticia para a desestacionalización do noso turismo, que, ademais, ve como os destinos se diversifican e máis comunidades autónomas participan do auxe de lugares cada vez máis sostibles”.

  • Turismo | 18/12/2023

    O emprego turístico aumenta en novembro un 5,1% respecto ao mesmo mes de 2022

    O número de afiliados do sector turístico acadou os 2,5 millóns e supuxo o 12,5% do total de afiliados na economía. O número de traballadores asalariados no sector turístico aumentou un 6,1% este mes de novembro respecto de hai un ano. Jordi Hereu: “O emprego turístico deixou atrás as oscilacións da chamada ‘tempada baixa’, o que indica que o obxectivo de desestacionalizar o sector está a cumprirse”.

  • Industria | 15/12/2023

    Jordi Hereu cualifica como estratéxica a protección da propiedade industrial como garantía de investimentos e competitividade

    A Oficina Española de Patentes e Marcas, dependente do Ministerio de Industria e Turismo, recibiu en 2022 máis de 45.000 solicitudes de dereitos de marcas nacionais e un 40% máis de rexistro de deseños, o que indica un crecemento económico sostido en España. Jordi Hereu: “Defender a propiedade industrial é fundamental para alcanzar con éxito o noso obxectivo de culminar a cuarta revolución industrial”. Durante a presidencia española da UE, acadáronse dous fitos: a publicación do Regulamento de protección das indicacións xeográficas dos produtos artesanais e industriais, e o texto definitivo da Directiva e o Regulamento de deseños industriais.

  • Industria | 15/12/2023

    O mestre Álvaro Martínez Leiro álzase co Premio Nacional de Artesanía

    O ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, trasladou o seu apoio a un sector recoñecido mundialmente e que incrementou os seus niveis de competitividade, coa innovación, as TICs e coa maior orientación dos seus procesos cara á súa comercialización Ponse en valor o labor dun sector que supera os 4.000 millóns de euros de Valor Agregado Bruto e supón o 0,4 % do PIB nacional

  • Turismo | 14/12/2023

    O Ministerio de Industria e Turismo convoca a Conferencia Sectorial de Turismo para a repartición de 183 millóns de euros ás comunidades autónomas o próximo 29 de decembro

    A pesar de que todas as comunidades autónomas votaron por unanimidade, no día de onte, en comisión, elevar á Conferencia Sectorial os acordos de repartición de fondos, as comunidades de Galicia, Andalucía, Cantabria, A Rioxa, Murcia, Comunidade Valenciana, Aragón, Canarias, Estremadura, Illas Baleares, Madrid, así como as cidades autónomas de Ceuta e Melilla, negáronse a que se desenvolvese a orde do día previsto. Co obxectivo de cumprir os prazos acordados coa Comisión Europea e asegurar a dispoñibilidade dos fondos, o Ministerio de Industria e Turismo convocou unha nova sesión da Conferencia Sectorial o próximo 29 de decembro.

  • Industria | 14/12/2023

    Jordi Hereu transmite a ANFAC o seu compromiso por seguir avanzando nunha mobilidade sustentable e conectada

    O Ministro de Industria inicia con ANFAC unha rolda de reunións con organizacións empresariais e sindicais da industria española. Hereu trasladou a Griffiths a vontade do Goberno de lanzar a terceira convocatoria do PERTE VEC durante o primeiro trimestre de 2024 para seguir atraendo proxectos de produción de baterías e de cadea de valor do vehículo eléctrico.

  • Industria | 13/12/2023

    Jordi Hereu lembra que o impulso da reindustrialización de España é unha prioridade para o Goberno

    O ministro de Industria e Turismo apela á convivencia e a estabilidade en Cataluña para dar certeza e seguridade xurídica para favorecer o regreso de empresas que trasladaron a súa sede social fóra de Cataluña. O ministro de Industria e Turismo reiterou a súa disposición a colaborar coa Xunta de Galicia para impulsar proxectos industriais como o de ALTRI.

  • Industria | 07/12/2023

    O Consello Europeo de Competitividade aproba baixo a presidencia española o regulamento sobre a Industria de Cero Emisións Netas

    Jordi Hereu: “A nova norma é fundamental para reforzar a autonomía estratéxica de Europa, encamíñanos no obxectivo da reindustrialización e axúdanos a avanzar na transición enerxética para estar á vangarda da neutralidade climática” Está previsto que o diálogo co Parlamento Europeo para a aprobación do Regulamento sobre a Industria de Cero Emisións Netas comece a semana próxima O ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, presidiu o Consello de Competitividade, Mercado Interior e Industria da UE

  • Industria | 07/12/2023

    Jordi Hereu: “O Regulamento sobre a Industria de Cero Emisións Netas reforzará a nosa autonomía estratéxica e a reindustrialización con tecnoloxía verde”

    O ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, preside hoxe o Consello de Competitividade, Mercado Interior e Industria da UE Hereu tamén sinalou que un dos principais obxectivos da cita é profundar no debate sobre como favorecer que as PEMES se beneficien do Regulamento cero emisións netas

  • Turismo | 05/12/2023

    O Goberno aproba distribuír 54 M€ entre as CCAA para mellorar as competencias dixitais dos traballadores do sector turístico

    Os destinatarios das accións formativas, que terán unha duración de 150 horas, serán as pemes e os traballadores do sector turístico. Preténdese que participen 19.350 persoas antes de finalizar o segundo trimestre de 2026. Cada Comunidade Autónoma elaborará un Programa de Formación en Competencias Dixitais para o Turismo e será a coordinadora da execución e xustificación.

  • Turismo | 05/12/2023

    O Goberno aproba distribuír 108 M€ entre as CCAA para financiar proxectos de eficiencia enerxética de empresas turísticas

    A previsión para este ano é que 773 establecementos turísticos se renoven e melloren o seu rendemento enerxético e reduzan o seu consumo de enerxía. Jordi Hereu: “Con estes investimentos o Goberno pretende incrementar a competitividade das nosas empresas turísticas mediante o desenvolvemento de proxectos de eficiencia enerxética e economía circular que contribúen a reducir os custos enerxéticos e a pegada de carbono”.

  • Turismo | 04/12/2023

    A chegada de turistas a España supera en outubro os 8,1 millóns, un 7,8 % máis que no mesmo mes prepandemia de 2019

    O gasto turístico tamén crece e sitúase un 24 % por enriba respecto a hai un ano e un 23,9 % respecto a outubro de 2019. Durante os dez primeiros meses de 2023, a chegada de turistas sitúase un 0,2 % por enriba das cifras prepandemia e un 18,2 % por enriba do acumulado no 2022: 74,70 millóns. Jordi Hereu: “Estamos a transformar a fisionomía do noso turismo: España segue a ser líder, a recuperación do sector é absoluta e plena, pero estamos a diversificar e desestacionalizar os fluxos, o que reverte nun turismo máis sustentable e menos dependente das estacións do ano”.

  • Industria | 30/11/2023

    O ministro Jordi Hereu recoñece o traballo dos empresarios máis novos e asegura que o Goberno é un aliado das empresas

    O ‘Premio Nacional Joven Empresario’ recaeu en Borja Pellicer, de Bet Solar, empresa valenciana líder en distribución técnica de material fotovoltaico. Jordi Hereu: “Establecemos un marco regulatorio máis favorable que promove un tecido empresarial máis competitivo e favorece a aparición e éxito de novas iniciativas emprendedoras, pemes e startups”.

  • Industria | 30/11/2023

    Industria adxudica de maneira definitiva a totalidade dos 450 M€ destinados á industria gasintensiva

    Un total de 445 empresas industriais beneficiaranse destas axudas para compensar o aumento excepcional dos prezos do gas natural en 2022. Jordi Hereu: “Estas axudas son un exemplo máis do compromiso do Goberno coa industria, neste caso a gasintensiva, que o ano pasado sufriu polos elevados prezos enerxéticos”.

  • Turismo | 30/11/2023

    Os asentos previstos en voos internacionais para o mes de decembro acadan 8,1 millóns, un millón máis que hai un ano

    O incremento respecto ao mes de decembro de 2022 é do 14,2 %, con Reino Unido, Alemaña e Italia á cabeza. Polonia, República Checa e EEUU son os destinos que máis crecemento experimentan en relación a hai un ano. Jordi Hereu: “As proxeccións para decembro son extraordinarias. Consolidación e crecemento dos mercados europeos, e auxe dos mercados afastados, como EEUU. Debemos seguir garantindo a conectividade aérea e a proxección de España como destino sustentable e de calidade

  • Industria | 28/11/2023

    O Goberno destina 3.147 M€ á modernización dos novos avións españois de combate

    O programa do avión EF-2000 recibirá 1.750 M€ e o Programa Halcón, outros 1.397 M€. O impacto económico esperado é positivo para a industria aeronáutica e de defensa española. Jordi Hereu: “Para España é clave priorizar o fortalecemento da industria de defensa nacional e o desenvolvemento dunha base industrial e tecnolóxica europea, como garante da democracia e a paz ante os cambios xeopolíticos e de seguridade nos que nos atopamos”.

  • Turismo | 17/11/2023

    España recibe 82,2 millóns de pasaxeiros internacionais entre xaneiro e outubro, un 18,4 % máis respecto ao mesmo período de 2022

    España acada en outubro 9 millóns de pasaxeiros aéreos internacionais, un 13,4 % máis que en outubro do ano 2022. Todos os mercados amosan unha tendencia alcista e salientan os crecementos (+17 %) de Italia, Países Baixos, Portugal e Irlanda. Héctor: "Gómez O incremento da chegada de viaxeiros, fóra do que se consideraba tempada alta, é unha gran noticia para a desestacionalización do noso turismo, que ademais ve como os destinos se diversifican e máis Comunidades Autónomas participan do auxe de destinos cada vez máis sustentables”.

  • Turismo | 17/11/2023

    O emprego turístico aumenta en outubro un 9,3 % respecto ao mesmo mes prepandemia, o 2019

    Os afiliados do sector turístico acadaron en outubro os 2,6 millóns e supuxeron o 12,9 % do total de afiliados na economía nacional. Os traballadores asalariados no sector turístico aumentan un 5,4 % este mes de outubro respecto a hai un ano e os afiliados experimentan unha subida do 4,6 % interanual. Canarias é a comunidade autónoma que maior incremento interanual experimenta: un 5,8 % máis. Héctor: Gómez “O emprego turístico segue comportándose de forma excelente, mesmo na chamada ‘tempada baixa’, o que indica que as nosas políticas de desestacionalización están a dar os seus froitos”.

  • Comercio | 17/11/2023

    As exportacións españolas ata setembro superan os 287.500 M€

    • O déficit comercial reduciuse ata os 29.596 millóns de euros no período xaneiro-setembro.
    • Os sectores que contribuíron positivamente á taxa de variación anual das exportacións de xaneiro a setembro de 2023 foron o sector do automóbil, bens de equipo e alimentación, bebidas e tabaco.
    • As comunidades autónomas con maiores crecementos das súas exportacións no período foron Castela e León, Cataluña e A Rioxa.
    • Héctor: Gómez “O dinamismo das exportacións españolas fronte ás importacións fai que se reduza o déficit comercial ata nun 44 %. Unha das prioridades deste Goberno foi potenciar e aumentar as nosas empresas exportadoras e facer de España un país atractivo para os investimentos estranxeiros”.

  • Turismo | 16/11/2023

    A xestión dos datos do turismo mellorará a experiencia do cliente e a optimización das empresas do sector

    Expertos en datos, xestores de destinos e representantes do sector turístico debateron sobre a importancia da intelixencia turística para mellorar a xestión do turismo. O foro, organizado pola Secretaría de Estado de Turismo en Benidorm, reuniu 250 profesionais do sector do turismo. O encontro enmárcase dentro dos actos da Presidencia Española do Consello da Unión Europea.

  • Comercio | 14/11/2023

    España contribúe con 2 millóns de euros ao Mecanismo de Financiamento para a Pesca da OMC

    Para apoiar a aplicación do acordo sobre subvencións á pesca e asegurar a sustentabilidade dos océanos. Héctor Gómez, ministro de Industria, Comercio e Turismo: "España, como líder en produción e tradición pesqueira, esixe saber que o produto que se consome non provén desde prácticas ilegais". A secretaria de Estado de Comercio, Xiana Méndez, presentoulle a contribución española á directora Xeral da OMC, Ngozi Okonjo-Iweala.

  • Industria | 13/11/2023

    Industria adxudica 229 M€ en axudas ao CO2 destinadas á grande industria

    Vanse beneficiar 185 empresas industriais, na súa maioría de Asturias, País Vasco e Andalucía. Por sectores, a maior contía corresponde ao sector de produtos básicos de ferro, aceiro e ferroaliaxes co 33,3 %, seguido do papel co 20,3 %. Héctor: Gómez “Contar cun tecido industrial forte é unha das prioridades da axenda do Goberno para continuar co crecemento económico e o mantemento do emprego de calidade”.

  • Industria | 10/11/2023

    Éxito do VEC II: o Goberno aproba outros quince proxectos e esgota o orzamento da convocatoria

    Con estas novas adxudicacións definitivas, adxudicáronse máis de 528,7 millóns de euros de subvención, o que representa máis do 95 % dos fondos UE da convocatoria. Héctor: Gómez “Estamos orgullosos do éxito acadado nesta convocatoria, froito do liderado na nova revolución industrial, do diálogo co sector e do entendemento do cambio cultural que se está a producir na nosa sociedade”. Os proxectos aprobados definitivamente nesta nova rolda corresponden a catro proxectos de Stellantis, Scutum Logistic, Borgwarner, Benteler, Refinasol Battmat, Mindcaps, Lotte, Mobis, Scoobic, Lithium Iberia e Tecnología Extremeña del Litio.

  • Turismo | 10/11/2023

    España móstrase na World Travel Market como líder global do turismo sustentable

    Héctor: Gómez “Reino Unido é o noso principal mercado en número de turistas e en gasto en destino e deixou atrás as incertezas do Brexit e a pandemia. Ademais, as nosas perspectivas dinnos que existe unha gran marxe de mellora”. Gómez: “A industria turística española representa un modelo a seguir a nivel global para culminar a revolución que este sector emprendeu nos últimos anos”. Rosana Morillo felicítase das boas previsións de chegadas de turistas británicos que os datos apuntan para 2024. Baleares, Canarias, Andalucía, Murcia e Comunidade Valenciana tiveron presenza no evento, que reuniu 3.726 expositores.

  • Comercio | 08/11/2023

    As vendas retallistas crecen un 6,7 % no que vai de ano respecto a 2022 e o sector mellora os seus índices en emprego e confianza

    As vendas retallistas creceron un 6 % interanual en setembro, o que suma dez meses en alza en España. No terceiro trimestre de 2023, o comercio polo miúdo acadou os 1.992.500 ocupados: 9,4 % do total en España, 62,9 % dos cales son mulleres Melloran todos os índices do comercio retallista: vendas, emprego e indicadores de confianza, que mellora 5,4 puntos respecto a outubro de 2022. Héctor: Gómez “O crecemento do comercio retallista e a boa marcha do emprego son indicativos da fortaleza do noso tecido produtivo de proximidade”.

  • Industria | 08/11/2023

    Industria pon en marcha o programa ‘Activa Ciberseguridade’ do que se poderán beneficiar 4.500 pemes

    As empresas interesadas poderán solicitar a súa axuda na sede electrónica da EOI a partir de hoxe. Trátase dunha convocatoria de axudas en especie para o asesoramento a pemes, a través de entidades especializadas en ciberseguridade. O importe da convocatoria ascende a 9,63 millóns de euros enmarcados dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Héctor: Gómez “España é o cuarto país máis ciberseguro do mundo e este Goberno vai seguir acompañando a quen supoñen máis do 90 % do noso tecido produtivo: as pemes”.

  • Turismo | 07/11/2023

    A Secretaría de Estado de Turismo organiza o Foro de Intelixencia Turística e datos, claves para a sustentabilidade

    Expertos en datos, xestores de destinos e representantes do sector turístico debaterán sobre a importancia da intelixencia turística para mellorar a xestión do turismo O evento, que terá unha capacidade para 250 persoas, celebrarase o 16 de novembro na localidade alacantina de Benidorm

  • Turismo | 06/11/2023

    Héctor Gómez destaca en Londres o liderado de España como modelo de turismo sustentable e social

    Turespaña encabeza a destacada presenza española na feira mundial de turismo de Londres. O noso país conta con 34 participantes entre institucións públicas e empresas privadas. Reino Unido é o principal mercado emisor para España, con máis do 20 % do total dos turistas recibidos. Os turistas británicos tamén lideran as estatísticas de gasto turístico. Héctor: Gómez “O noso país mantén o liderado como destino turístico no Reino Unido trala pandemia, e as nosas perspectivas é que continúe sendo así nos vindeiros anos”.

  • Turismo | 06/11/2023

    Os traballadores ocupados no sector turístico soben un 6,5 % respecto de hai un ano e rozan os 3 millóns

    O 25,1 % dos novos traballos que se xeran no noso país están relacionados con actividades vinculadas ao turismo. Os ocupados vinculados a actividades relacionadas co turismo xa son o 13,9 % do emprego total da economía española. Os asalariados no sector turístico con contrato indefinido (79,1 %) aumentaron un 17,9 %, a novena subida consecutiva. A taxa de paro no sector situouse neste terceiro trimestre en 8,1 %, un 0,4 % menos que o trimestre anterior de 2023. Héctor: Gómez “Seguimos transformando as condicións do emprego vinculado ao turismo. Máis asalariados, máis indefinidos, máis xornadas completas. En resumo, máis e mellores empregos”.

  • Turismo | 03/11/2023

    O futuro do enoturismo, a debate na capital do viño

    A OMT e os gobernos de España e A Rioxa organizan a conferencia 'Enoturismo inclusivo, sustentable e dixital: cara a unha maior cohesión territorial' os próximos días 22 a 24 O encontro contará con 20 expertos e representantes de rexións vitivinícolas do mundo e prevé a asistencia de 300 participantes incluídos actores públicos e privados do sector

  • Turismo | 02/11/2023

    O gasto turístico consolida a recuperación do sector cun aumento en setembro do 17 % sobre o récord de 2019

    O gasto total dos turistas internacionais que visitaron España é de 11.215 millóns, un 22,6 % máis que en 2022. A chegada de turistas tamén crece un 13,6 % respecto de setembro de 2022, con máis de 8,8 millóns de visitantes. Durante os nove primeiros meses de 2023, o gasto aumenta un 24,0 % respecto de 2022, acadando os 84.608 millóns de euros. Héctor: Gómez “Celebramos estes datos no contexto da reunión informal ministerial que como Presidencia da UE acabamos de celebrar e na que España consolidou o seu liderado para facer do turismo un motor de crecemento económico sustentable en todo o continente”.

  • Turismo | 27/10/2023

    Héctor Gómez inaugura en Palma o Foro Europeo de Turismo coa sustentabilidade social como eixo central

    O evento ten como tema central a sustentabilidade social no turismo e abordará as prioridades fixadas para o semestre UE. O Foro Europeo de Turismo está organizado pola Comisión Europea e a Presidencia española do Consello da UE. Héctor Gómez: “Estou convencido de que este Foro, que se converteu nunha cita anual ineludible, permitiranos compartir e enriquecer o debate acerca dos retos de futuro do sector”. Este evento precede á Reunión Informal de Ministros de Turismo que se celebra en Palma ao día seguinte, 31 de outubro.

  • Industria | 27/10/2023

    Industria eleva a audiencia pública o borrador da primeira convocatoria do PERTE de Descarbonización

    O desenvolvemento do PERTE Descarbonización industrial prevé en total un investimento público de 3.100 millóns de euros e a creación duns 8.000 postos de traballo de calidade. A convocatoria da primeira liña de axudas está destinada á actuación integral para a descarbonización e contará con 1.000 millóns de euros, 500 millóns en subvención e 500 millóns para préstamos.

  • Turismo | 26/10/2023

    As previsións para o cuarto trimestre apuntan a un ano récord en gasto turístico

    Publicados os informes de inverno de tendencias de turismo Os conselleiros de turismo de nove mercados emisores presentaron os retos e tendencia de áreas xeográficas Héctor: Gómez “O noso compromiso cun turismo desestacionalizado é intenso e irrenunciable: España é un destino de primeiro nivel non só no verán, senón todo o ano”. España, o país máis sustentable para viaxar, e Euskadi unha das mellores rexións do mundo, segundo os premios Lonely Planet

  • Industria | 25/10/2023

    Industria esgota os 450 M€ de axudas á industria gasintensiva para beneficiar 448 instalacións industriais en España

    O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo publicou a resolución provisional da convocatoria aberta o pasado xullo. O obxectivo é compensar os custos ás empresas que fan un elevado consumo industrial de gas natural. Héctor: Gómez “Esta resolución responde ao compromiso explícito do Goberno coas empresas gasintensivas, para que sectores tan importantes para a economía nacional poidan continuar coa súa actividade produtiva”.

  • Turismo | 23/10/2023

    Héctor Gómez inaugura a III Convención Turespaña coa transformación sustentable do turismo como eixo principal

    O evento, organizado por Mincotur xunto ao Concello de Donostia-San Sebastián e coa colaboración da Deputación Foral de Gipuzkoa e Basquetour, reúne 500 xestores turísticos do sector privado e das distintas administracións públicas Turespaña presenta o proxecto de deseño de indicadores de medición das actitudes da poboación residente en España ante o turismo para coñecer o seu impacto real nos territorios O País Vasco recibiu axudas por case 68 M€ das convocatorias dos Plans de Sustentabilidade Turística

  • Comercio | 19/10/2023

    As exportacións españolas crecen un 1,8 % ata agosto e acadan máis de 250.000 M€

    O déficit comercial reduciuse ata os 25.758 millóns de euros nos primeiros oito meses do ano. Continúa o bo comportamento das exportacións do sector do automóbil, bens de equipo e alimentación. Héctor: Gómez “A redución do déficit comercial é unha moi boa noticia para o noso comercio; debemos seguir traballando para ser cada vez máis competitivos como país”.